Topografía e cartografía-SIX
Levantamentos topográficos para propietarios particulares, para oficinas técnicas de arquitectura, enxeñería e inmobiliarias. Estamos especializados na medición de fincas, tanto para a realización de planos base de cara á redacción de proxectos como para xestión da propiedade: Catastro, Notarías e Rexistro: Xeorreferenciación de planos.
Tamén no campo da topografía levamos a cabo deslindes entre comunidades de montes veciñais. Contamos con experiencia no uso de Sistemas de Información Xeográfica, por exemplo para a realización de cartografía especializada, traballos de inventario e aplicacións informáticas.
Realizamos replanteos en obra e cálculo de volumes de excavación.