Tp3 nace co fin de ofrecer solucións rigorosas e sostibles en proxectos vinculados á xestión, planificación e restauración da contorna natural.
Dende o inicio vimos participando e desenrolando de forma activa proxectos de recuperación e mellora de espazos degradados, planificación forestal , restauración fluvial e saneamento mediante técnicas sostibles (Fitodepuración). A integración de criterios técnicos e ambientais en cada actuación e algo que caracteriza cada proxecto realizado por Tp3 Enxeñaría Natural.
No eido da paisaxe urbana apostamos pola aplicación de criterios ecosistemicos para integrar as infraestruturas verdes e os ríos como compoñentes esenciais para a vida nas vilas e ciudades. A biodiversidade, a conectividade ecolóxica a resiliencia fronte ao cambio climático e o respeto polos valores naturais e autóctonos son aspectos que defendemos nos deseños das plantacións urbanas.
Un dos piares fundamentais de TP3 Enxeñaría Natural é o servizo ao propietario particular que necesita resolver cuestións relacionadas co Catastro e o Rexistro da Propiedade. Ofrecendo un servizo técnico completo durante o proceso, elaborando medicións e informes técnicos e realizando un seguimento de cada expediente tramitado, aportando asesoramento, seguridade xurídica e tranquilidade o cliente.
Xestión forestal
Especialistas en ordenación técnica do monte, desenvolvemos proxectos de prevención de incendios e plans silvopastoriles para comunidades veciñais, garantindo unha xestión sostible e normativa.
Xestión de augas
Resolvemos o ciclo integral da auga mediante a legalización de traídas veciñais, auditorías de saneamento e o deseño de sistemas de depuración natural con humidais e filtros de macrofitas.
Apoio ao urbanismo (GIS)
Colaboramos con arquitectos urbanistas achegando análises GIS e cartografía ambiental de detalle para a planificación territorial e a dixitalización precisa de proxectos de obra civil.
Un dos piares fundamentais de TP3 Enxeñaría Natural é o servizo ao propietario particular que necesita resolver cuestións relacionadas co Catastro e o Rexistro da Propiedade. Ofrecemos un acompañamento técnico completo durante todo o proceso, realizando medicións precisas, informes de validación gráfica e un seguimento continuo de cada expediente, co obxectivo de achegar seguridade xurídica e tranquilidade ao cliente.
Contamos cun equipo técnico humano sólido e altamente cualificado, especialista na realización de levantamentos topográficos de detalle, tanto mediante topografía clásica como mediante tecnoloxías avanzadas de escaneo LiDAR 3D. Esta combinación de experiencia, tecnoloxía e coñecemento do territorio permítenos ofrecer un servizo fiable, eficiente e adaptado ás necesidades específicas de cada proxecto.
Alianzas
Detrás de cada gran proxecto hai talento compartido
Colaboramos con equipos multidisciplinares e socios estratéxicos para deseñar solucións transversais que conectan ideas, achegan coherencia e xeran valor en cada iniciativa que desenvolvemos.
Xa confían en nós
Dende a nosa fundación en 2007, consolidamos unha rede de confianza con máis de 30 entidades, incluíndo organismos públicos, empresas construtoras e socios estratéxicos. Traballamos de forma transversal para ofrecer solucións técnicas rigorosas e sostibles que achegan seguridade e valor en cada proxecto vinculado á xestión do territorio. Esta traxectoria avala a nosa capacidade para abordar retos integrais en enxeñería, topografía e consultoría ambiental con absoluta fiabilidade.
- CONCELLO DE MOAÑA
- CONCELLO DE CANGAS
- CONCELLO DE PONTEVEDRA
- CONCELLO DE VIGO
- CONCELLO DE PONTEAREAS
- CONCELLO DE BARRO
- CONCELLO DE A GUARDA
- CONCELLO DE BOIRO
- DEPUTACIÓN DA CORUÑA
- CONCELLO DE AMES
- CONCELLO DE NIGRAN
- CONCELLO DE GONDOMAR
- CONCELLO DE CAMBADOS
- CONCELLO DE VILABOA
- AUGAS DE GALICIA
- XUNTA DE GALICIA
- SAI PLATFORM “SUSTAINABLE AGRICULTURE INITIATIVE PLATFORM”
- COPASA
- VIAQUA
- COMUNIDADE DE MONTES DE MOAÑA
- COMUNIDADE DE MONTES DE MEIRA
- COMUNIDADE DE MONTES DE TEIS
- COMUNIDADE DE MONTE DE HIO -SOC COOP POUSO DA SERRA-
- CURRÁS ESTUDIO DE ARQUITECTURA
- FAIO ARQUITECTURA
- SANTORIO ARQUITECTOS
- ARKMO
- MACARIO
- PENA&GRAÑA ABOGADOS
- ARANTXA JUNCAL ABOGADOS



